Mediante o Decreto da Alcaldía 2016/G003/000061 foi aprobada a oferta de emprego público.
No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 236, do 15 de decembro de 2016, aparecen publicadas as bases xerais do proceso selectivo para a praza de Arquitecto Técnico.
No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 55, do 22 de marzo de 2017, aparecen publicadas as bases específicas reguladoras da convocatoria do proceso de selección de persoal funcionario, mediante sistema de concurso-oposición, para o acceso á praza vacante de arquitecto técnico.
Abegondo, 23 de marzo de 2017
José Antonio Santiso Miramontes
Alcalde