Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 19 de abril de 2017 Páx. 18524

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 5 de abril de 2017, de Área Provincial de Turismo de Ourense, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador OU-S-09/2017 e un máis, por infracción en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan a incoación do expediente sancionador OU-S-09/2017 e un máis, xa que, intentada polos medios habituais, non se puido practicar.

Dispón dun prazo de quince (15) días para presentar, ante o instrutor do procedemento, alegacións, documentos e informacións que estime convintes, así como propoñer que se practiquen os medios de proba de que pretenda valerse, advertíndolle que, de non facelo, o presente acordo poderase considerar proposta de resolución.

Ourense, 5 de abril de 2017

Cecilio Santalices de la Escosura Mourille
Xefe da Área Provincial de Turismo

ANEXO

Expediente: OU-S-09/2017.

Titular sancionado: Tomás Arias Prada.

Establecemento: Barakoa.

Domicilio: Abdón Blanco, 10.

Localidade: O Barco de Valdeorras.

Incoación: 22 de febreiro de 2017.

Precepto infrinxido: artigo 109.2.b) e 109.2.c) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Sanción proposta: 450,00 euros.

Expediente: OU-S-15/2017.

Titular sancionado: Jacinta Chaves Adao.

Establecemento: O Recuncho da Jacinta.

Domicilio: Rúa da Cruz, 7.

Localidade: Verín.

Incoación: 14 de marzo de 2017.

Precepto infrinxido: artigo 109.2.b) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Sanción proposta: 150,00 euros.