1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.
c) Número de expediente: 2017/PA/0024.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: servizo de coordinación, xestión e seguimento dos servizos de administración electrónica coas entidades locais e a rede CeMIT, así como identificar e coordinar liñas de actividade para potenciar o uso dos servizos dixitais, achegamento á cidadanía e identificación de iniciativas innovadoras no eido da relación coa cidadanía.
b) División por lotes e número: non.
c) Prazo e lugar de entrega: o prazo para a prestación dos servizos obxecto do presente contrato será de 24 meses contados a partir do 10.7.2017. Se a data de formalización do contrato for posterior a esta última, o prazo de execución de 24 meses computarase desde a data de formalización do contrato.
d) Admisión de prórroga: si.
3. Tramitación e procedemento de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.
b) Procedemento: aberto harmonizado.
4. Valor estimado: 1.346.400,00 € (IVE excluído).
5. Orzamento de licitación: 673.200,00 €, máis 141.372,00 €, que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 814.572,00 € (oitocentos catorce mil cincocentos setenta e dous euros), que se distribúe nas seguintes anualidades:
2017: 158.950,00 € + 33.379,50 € (IVE 21 %) = 192.329,50 €.
2018: 336.600,00 € + 70.686,00 € (IVE 21 %) = 407.286,00 €.
2019: 177.650,00 € + 37.306,50 € (IVE 21 %) = 214.956,50 €.
6. Garantía provisional: non se exixe.
7. Obtención da documentación e da información.
a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
b) Enderezo: Monte Gaiás, s/n.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
d) Teléfono: 981 54 52 86.
e) Fax: 981 54 52 74.
f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=148522
g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.
8. Requisitos específicos do contratista.
a) Solvencia e clasificación: ver a letra N) do prego de cláusulas administrativas particulares.
9. Presentación de ofertas.
a) Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará o día 22.5.2017, de acordo co establecido no artigo 159 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.
b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
1º. Entidade: Rexistro da Amtega.
2º. Dirección: Edificio CINC, Monte Gaiás, s/n.
3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no número 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.
d) Admisión de variantes: non se admiten.
10. Apertura das ofertas: o lugar, o día e a hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicarase no perfil do contratante.
11. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados na letra K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.
12. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.
13. Data de envío do anuncio de licitación ao DOUE: 11.4.2017.
Santiago de Compostela, 11 de abril de 2017
Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia