Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 19 de abril de 2017 Páx. 18514

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 5 de abril de 2017 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción dun itinerario peonil e ciclista na AC-543, treito A Barcia-Roxos (punto quilométrico 1+800-4+150), así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados (clave AC/16/089.06).

Antecedentes:

A Lei 8/2013, de estradas de Galicia, determina no seu artigo 6.2 que os espazos destinados a sendas para peóns ou para a circulación de ciclistas teñan a consideración de elementos funcionais da estrada. Tendo en conta este precepto, a Xunta de Galicia elaborou a Estratexia en materia de mobilidade alternativa de Galicia, entre cuxos obxectivos está o fomento dos sistemas de transporte alternativos aos motorizados que permitan minimizar as repercusións sobre o ambiente e os seus impactos sociais e económicos.

Os beneficios esperados co fomento desta mobilidade alternativa son, entre outros, o emprego de modos de transporte non motorizados, a mellora da mobilidade, da calidade do aire, da saúde, da igualdade e do benestar, da economía, do patrimonio e do urbanismo.

Con data do 7 de marzo de 2016 a Axencia Galega de Infraestruturas aprobou, con base na Estratexia en materia de mobilidade alternativa de Galicia, o documento de Fomento da mobilidade sustentable: sendas peonís e/ou ciclistas na comarca de Santiago, onde unha das sendas propostas é un itinerario peonil e ciclista na AC-543, que agora se está a desenvolver mediante o proxecto construtivo Itinerario peonil e ciclista na AC-543, treito A Barcia-Roxos, p.q. 1+800-4+150, de clave AC/16/089.06.

O dito proxecto construtivo ten por obxecto a execución dun itinerario mixto (peonil e ciclista) na marxe dereita da estrada AC-543 coa finalidade de acadar unha diminución do tráfico rodado motorizado diario que actualmente existe entre os lugares da Barcia e Roxos, ambos os dous no concello de Santiago de Compostela, de xeito que a poboación dos devanditos núcleos empreguen a senda para os seus desprazamentos cotiás en lugar do vehículo particular, contribuíndo deste xeito a unha redución das emisións de carbono, ao mesmo tempo que se contribúe á mellora da seguridade viaria neste treito da referida estrada.

O itinerario considerado está deseñado en toda a súa lonxitude para albergar un largo máximo de 3,34 m distribuídos do seguinte xeito: zona destinada ao tránsito peonil e ciclista de largo mínimo 1,80 m (aínda que se intentan acadar os 2 m na máxima lonxitude posible), e separador vexetal de largo entre 50 e 90 cm (variable ao longo do trazado), que permite dar maior amplitude ao espazo destinado ao tránsito e separar o itinerario da calzada, delimitado este por dous bordos de formigón (de aproximadamente 22 cm de largo).

O itinerario proxectado é na súa maior parte de formigón coloreado, agás nos treitos comprendidos entre os p.q. 1+890-1+960, nos cales se aplicará un slurry en cor, a base de resinas sintéticas, sobre o pavimento asfáltico existente, e entre os p.q. 1+960-1+970 e 2+012-2+043, nos cales a senda se executará cun chan estabilizado.

Doutra banda, no treito comprendido entre os p.q. 1+970-2+012, executarase unha pasarela de madeira de aproximadamente 2 m de largo, co fin de salvar un regato existente.

As obras previstas comprenden tamén as seguintes actuacións complementarias á execución da senda, e que son necesarias para garantir a súa funcionalidade:

– Ampliarase a sección transversal para albergar os novos elementos que pasarán a formar parte da nova plataforma, de xeito que será preciso realizar pequenos desmontes ou terrapléns co fin de obter o largo óptimo para a senda, buscando así a integración da senda na vía actual en condicións de seguridade axeitadas en con criterios de deseño sustentables ambiental e economicamente.

– Mellora da drenaxe, sinalización, balizamento e defensas, así como a reposición de servizos.

Considerando todo o exposto e o establecido na normativa vixente,

RESOLVO:

Primeiro. De acordo co establecido no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o mencionado proxecto de construción sométese ao trámite de información pública, durante un período de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular por escrito, ante a Axencia Galega de Infraestruturas, as observacións que crean convenientes relativas á concepción global do trazado deseñado.

Segundo. Que, simultaneamente ao trámite sinalado no parágrafo anterior, e para os efectos previstos no artigo 56.1 do Regulamento de expropiación forzosa, se someta a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente, para que os afectados presenten cantas alegacións ou rectificacións consideren convenientes en canto aos bens e dereitos descritos na relación anexa.

Terceiro. A exposición ao público, para os efectos da presente resolución, realízase na Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas da Coruña (r/ Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña), na Casa do Concello de Santiago de Compostela (Pazo de Raxoi, praza do Obradoiro, s/n, 15701 Santiago de Compostela). Así mesmo, na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Vivenda (http://civ.xunta.gal/seccion-organizacion/c/CIV_Axencia_Galega_de_Infraestruturas) atópase á disposición dos interesados o documento completo do proxecto de construción.

Santiago de Compostela, 5 de abril de 2017

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Relacion de bens, dereitos e propietarios afectados

Proxecto de construción: Itinerario peonil e ciclista na AC-543.

Treito: A Barcia-Roxos, p.q. 1+800-4+150.

Clave: AC/16/089.06.

Concello de Santiago de Compostela; parroquia de Villestro.

Núm.

orde

Referencia

catastral

Titular

Superficie solo (m2)

Bens afectados

Unidade

Tipo de ben

1

2671910NH3427B

Mosquera Sánchez, Dolores (herdeiros de)

21 Urbano fóra de aliñacións

1

1,7

3

Traslado portal

Muro contención

Planta

2

2671909NH3427B

Vaamonde Seoane, Fernando

62 Urbano fóra de aliñacións

32

3,2

Malla de arame

Muro contención

3

2671907NH3427B

Carrillo López, María del Carmen, Magan Carrillo, Sonia

3 Urbano fóra de aliñacións

4

2671906NH3427B

Vilouta Boquete, Josefa (B0001bz) Valeiras Muñoz, Gabriel (B0002zx)

1,5 Urbano fóra de aliñacións

5

2671905NH3427B

Arincon Andrés, Antonio, Castro Fraga, Hermosinda

6 Urbano fóra de aliñacións

0,555

1

Traslado contador

Árbore

6

2473215NH3427C

Fernández Fernández, José (herdeiros de)

66,5 Urbano fóra de aliñacións

45

Peche vexetal

7

2374105NH3427C

Garaboa Sánchez, José

5 Urbano fóra de aliñacións

6

10

Peche vexetal

Malla de arame

8

Concello de Santiago de Compostela

14 Urbano fóra de aliñacións

9

2074503NH3427C

Pazos Pensado, Camilo, Baliñas García, M. Josefa

5,15 Urbano fóra de aliñacións

5,25

1

4

Muro de bloque

Traslado contador

Árbore

10

1974701NH3417D

Fijo Brandariz, Manuel, Oleiro Calveiro, María del Carmen

31 Urbano fóra de aliñacións

4

1

Muro de pedra

Traslado portal

11

1874109NH3417D

Lozano Prado, Edelmiro

14 Urbano fóra de aliñacións

12

1874110NH3417D

Garaboa Iglesias, Avelino

2,1 Urbano fóra de aliñacións

13

1773905NH3417D

Noya Castro, María Carmen, Noya Castro, María Victoria Áurea, Noya Castro, Ana María

2,25 Urbano fóra de aliñacións

3

2

Planta

Banco de pedra

14

1573901NH3417D

Fernández Rey, Gerardo e outros titulares

24,6 Urbano fóra de aliñacións

8

Muro contención

15

15079B50201023

Iglesias Villar, Alfonso

1,5 Urbano fóra de aliñacións

1

Muro contención

16

1272304NH3417C

Vázquez Cabrera, José María

21,6 Labradío

12

Muro de pedra

17

1272305NH3417C

Barreiro García, José

95,7 Labradío

18

1071507NH3417A

Barreiro García José

8,9 Labradío

18

Planta