1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información.
a) Organismo: Universidade de Vigo.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.
c) Obtención de documentación e información:
1º. Dependencia: Servizo de Xestión Económica e Contratacion.
2º. Domicilio: Edificio de de Xerencia e Servizos Centrais do campus das Lagoas-Marcosende.
3º. Localidade e código postal: Vigo 36310.
4º. Teléfono: 986 81 37 67.
5º. Telefax: 986 81 38 57.
6º. Correo electrónico: alabel@uvigo.es
7º. Domicilio da internet do perfil do contratante:
http://tablon2.uvigo.es/listado_expedientes.asp
8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata a data de finalización do prazo de presentación de ofertas.
d) Número de expediente: 2/17.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: subministracións.
b) Descrición: espectrómetro de masas-masas de alta resolución con sonda APCI e introdución directa de mostras.
c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non procede.
d) Lugar de execución/entrega:
1º. Domicilio: Servizo de Determinación Estrutural, Proteómica e Xenómica (DEPeX) do CACTI. Módulo 2, planta 0, do novo edificio CACTI-Cinbio, no campus das Lagoas-Marcosende en Vigo.
2º. Localidade e código postal: Vigo 36310.
e) Prazo de entrega: 3 meses.
f) Admisión de prórroga: non procede.
g) Codificación CPV: 38433100-0 Espectrómetro de masas e CPA: 26.5 Instrumentos e aparellos de medida, verificación e navegación.
3. Tramitación e procedemento.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Criterios de adxudicación:
1º. Redución do prezo de licitación (criterio automático): 40 puntos.
2º. Extensión do prazo de garantía (criterio automático): 10 puntos.
3º. Adestramento básico para o persoal da unidade de espectrometría de masas do CACTI, no manexo e mantemento do equipamento (criterio automático): 5 puntos.
4º. Adestramento avanzado para o persoal da unidade de espectrometría de masas do CACTI, na posta a punto de estratexias de medida mediante mobilidade iónica e tratamento de datos en fábrica ou laboratorio de demo do fabricante (criterio automático): 5 puntos.
5º. Calidade técnica (criterio de xuízo de valor): 40 puntos, de acordo coa folla resumo de características.
4. Valor estimado do contrato: 442.301 €.
5. Orzamento base de licitación: a) Importe neto: 442.301 € + 92.883,21 € de IVE aplicable.
6. Garantías exixidas. Provisional: non se exixe. Definitiva: 5 % importe de adxudicación, sen IVE.
7. Requisitos específicos do contratista.
a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: as que se indican na folla resumo do prego de cláusulas administrativas.
b) Outros requisitos específicos: os indicados no punto 13 da FRC.
8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: o 9 de maio de 2017, ás 14.00 horas.
b) Modalidade de presentación: papel 3, sobres A, B e C.
c) Lugar de presentación:
1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.
2º. Domicilio: Edificio de Xerencia e Servizos Centrais, planta baixa. As Lagoas-Marcosende.
3º. Localidade e código postal: Vigo 36310.
4º. Domicilio electrónico: alabel@uvigo.es
d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.
9. Apertura de ofertas.
a) Descrición: sesión pública para sobres B e C na sala de xuntas do Edificio de Xerencia e Servizos Centrais da Universidade de Vigo.
b) Domicilio: As Lagoas-Marcosende, 2º andar.
c) Localidade e código postal: Vigo 36310.
d) Data e hora: publicarase no perfil do contratista da Universidade de Vigo.
10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario, aproximadamente 2.400 euros.
11. Outras informacións: cofinanciado nun 80 % por fondos Feder. Convocatoria 2016. Ministerio de Economía e Competitividade. Axudas a infraestruturas e equipamento científico-técnico. Subprograma estatal de infraestruturas científicas e equipamento. Proxecto UNVI15-DE-3801. Data límite para executar a aplicación dos fondos: 31 de decembro de 2017.
Vigo, 31 de marzo de 2017
O reitor da Universidade de Vigo
P.D. (Resolución do 7.5.2014, DOG do 13 de maio)
Manuel Fernández Jáuregui
Xerente da Universidade de Vigo