Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 18 de abril de 2017 Páx. 18274

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 24 de marzo de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a licitación da contratación dos servizos de soporte, implantación e xestión de proxecto de sistemas de imaxe médica (expediente AB-SER1-17-009).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2º andar.

3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

4º. Teléfono: 881 54 27 87.

5º. Telefax: 881 54 27 62.

6º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

7º. Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do día 3.5.2017.

d) Número de expediente: AB-SER1-17-009.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizos de soporte, implantación e xestión de proxecto de sistemas de imaxe médica.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Prazo de execución/entrega: 24 meses desde a súa formalización.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 72500000-0.

3. Tramitación, procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, se é o caso:

Concepto

Puntos

Criterios non valorables automaticamente (sobre B)

Metodoloxía de traballo

0 - 20

Definición do plan de participación de recursos

0 - 15

Plan de implantación e despregamento de sistemas de información

0 - 15

Criterios valorables automaticamente (sobre C)

Oferta económica

0 - 40

Parámetros de servizo de xestión de incidencias

0 - 10

4. Valor estimado do contrato: 1.009.180,80 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 420.492 euros. Importe total: 508.795,32 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non. Definitiva: 5 % do importe de licitación, excluído o imposto sobre o valor engadido.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, se é o caso (grupo, subgrupo e categoría): grupo V, subgrupo 2 ou 5 e categoría B ou 2 ou superior.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver as cláusulas 6.6.2.e) e f) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 3.5.2017.

Se o último día de presentación de solicitudes coincide en día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n

3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela

c) Data e hora: a apertura do sobre B terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización de presentación das ofertas. No caso que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

A apertura do sobre C publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: si, por conta de/dos adxudicatarios

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 24.3.2017.

12. Outras informacións: ver o prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2017

Mª Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos