Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 18 de abril de 2017 Páx. 18282

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 2017 pola que se anuncia procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para a adquisición de bloque electro-óptico (BEO) para o demostrador instrumental de sinatura infravermella (DIFI) (expediente 8/17).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

2º. Domicilio: Edificio de Xerencia e Servizos Centrais do campus das Lagoas-Marcosende.

3º. Localidade e código postal: 36310 Vigo.

4º. Teléfono: 986 81 37 67.

5º. Telefax: 986 81 38 57.

6º. Correo electrónico: alabel@uvigo.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://tablon2.uvigo.es/listado_expedientes.asp

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata a data de finalización do prazo de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 8/17.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: bloque electro-óptico (BEO) para o demostrador instrumental de sinatura infravermella (difi).

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non procede.

d) Lugar de execución/entrega:

1º. Domicilio: Edificio de Enxeñaría de Telecomunicacións no campus das Lagoas-Marcosende en Vigo.

2º. Localidade e código postal: Vigo 36310.

e) Prazo de execución: 15 días naturais para o requisito RE1 e 180 días naturais para o requisito RE2.

f) Admisión de prórroga: non procede.

g) Codificación CPV: 35730000-0 Sistemas de guerra electrónica e contramedidas. Codificación (CNPA): 26.30 equipamentos de telecomunicacións.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación:

1º. Prezo (criterio automático): 40 puntos.

2º. Duración de garantía (criterio automático): 30 puntos.

3º. Mellora no prazo de entrega (criterio automático): 30 puntos, de acordo coa folla resumo de características.

4. Valor estimado do contrato: 355.000 €.

5. Orzamento base de licitación: a) Importe neto: 355.000 € + 74.550 € de IVE aplicable.

6. Garantías exixidas. Provisional: non se exixe. Definitiva (5 % importe da adxudicación, sen IVE).

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: as que se indican na folla resumo do prego de cláusulas administrativas.

b) Outros requisitos específicos: os indicados no punto 13 da FRC.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o 9 de maio de 2017, ás 14.00 horas.

b) Modalidade de presentación: papel 2, sobres A e C.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.

2º. Domicilio: Edificio de Xerencia e Servizos Centrais, planta baixa. As Lagoas-Marcosende.

3º. Localidade e código postal: Vigo 36310.

4º. Enderezo electrónico: alabel@uvigo.es

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: sesión pública para sobres C na sala de xuntas do Edificio de Xerencia e Servizos Centrais da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: As Lagoas-Marcosende, 2º andar.

c) Localidade e código postal: 36310 Vigo.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratista da Universidade de Vigo.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario, aproximadamente 2.400 euros.

Vigo, 31 de marzo de 2017

O reitor da Universidade de Vigo
P.D. (Resolución do 7.5.2014, DOG do 13 de maio)
Manuel Fernández Jáuregui
Xerente da Universidade de Vigo