Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 18 de abril de 2017 Páx. 18199

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO 195/2014).

María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 195/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de María del Pilar López Ramón contra a empresa María Carmen Lage Ferreiro, Jaime Da Silva Pereira, María de los Ángeles Hernández Penelas, Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxo encabezamento e parte dispositiva se xuntan:

Sentenza 159/2017

A Coruña, 20 de marzo de 2017

Vistos por min, Luis Carlos Mariana Niño, xuíz substituto do Xulgado do Social número 2 da Coruña, os autos de procedemento ordinario nº 195/2014, seguidos por instancia de María del Pilar López Ramón, representada e asistida polo graduado social Ramón Eduardo Pardo, fronte á empresa Jaime Da Silva Pereira (La Tintorería), que non compareceu en autos malia estar citada en forma, fronte a María de los Ángeles Hernández Penelas, asistida e representada pola letrada Gloria Vázquez Ventoso, e fronte a María del Carmen Lage Ferreiro e ao Fogasa.

Resolución.

Que estimando a demanda presentada por María del Pilar López Ramón, debo condenar e condeno a empresa Jaime Da Silva Pereira (La Tintorería) a aboar á demandante, en concepto de salarios, a cantidade de 3.670,97 euros, máis o 10 % de xuro anual dos conceptos que integran a dita cantidade desde a data da súa devindicación, conforme o artigo 29.3 do ET.

Así mesmo, debo declarar e declaro a falta de lexitimación pasiva das codemandadas María de los Ángeles Hernández Penelas e María del Carmen Lage Ferreiro (esta última identificada na demanda como Gisela Lage Ferreiro) e absólvoas das pretensións contra elas formuladas neste proceso.

E absolvo o Fogasa sen prexuízo da obriga de se ater, de ser o caso, ao presente pronunciamento, nos termos do artigo 33 do ET.

Notifíquese esta resolución ás partes ás que se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentenza.

Por esta miña sentenza, así o acordo, mando e asino, Luis Carlos Mariana Niño, xuíz substituto do Xulgado do Social número 2 da Coruña.

E para que sirva de notificación en legal forma a Jaime Da Silva Pereira (La Tintorería), en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 24 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza