Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 18 de abril de 2017 Páx. 18201

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 11/2017).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fagp saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 11/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ramón Martínez Martínez contra Escenarent, S.L.U. sobre despedimento, se ditou a resolución en que se acorda:

Declarar o executado Escenarent, S.L.U. en situación de insolvencia por importe de 34.604,51 euros, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

E para que sirva de notificación en legal forma a Escenarent, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 24 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza