Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 18 de abril de 2017 Páx. 18241

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ORDE do 20 de marzo de 2017 pola que se autoriza a transmisión mortis causa das concesións administrativas e das bateas Emilia V e Ango II.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión das bateas Emilia V e Ango II e das concesións administrativas que as amparan, resulta:

a) Antecedentes.

Primeiro. Mediante escrito do 16 de marzo de 2017, Nilda Redondo Lorenzo, en representación da comunidade de herdeiros de Emilio Esperante Rebollido, solicita a transmisión mortis causa e, ao mesmo tempo, solicita a transmisión mortis causa mediante pacto de mellora a favor dos seus fillos, José Fco. Esperante Redondo e Mª José Esperante Redondo, das concesións administrativas e das bateas Emilia V e Ango II.

Segundo. A solicitante presentou a documentación requirida para a tramitación deste tipo de procedementos.

b) Consideracións legais e técnicas.

Primeiro. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro; coa Resolución do 12 de abril de 2012 de delegación de sinatura en materia de acuicultura nos titulares das xefaturas de coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar, e coa disposición adicional novena do Decreto 177/2016, do 15 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia, que dispón que as delegacións de competencias outorgadas polos distintos órganos superiores e de dirección afectados por este decreto continuarán vixentes ata que sexan expresamente revogadas ou novamente outorgadas. Así mesmo, o Decreto 168/2015, do 13 de novembro, polo que se aproba a estrutura orgánica da Consellería do Mar, dispón a creación das xefaturas territoriais.

Segundo. O expediente seguiu todos os trámites establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa, a favor de José Fco. Esperante Redondo (76778074A) e Mª José Esperante Redondo (76779853B), das concesións administrativas e das bateas que se indican a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Emilia V.

Localización:

Cuadrícula nº: 93, polígono: E, distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 28.11.1967.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Antigos titulares: Emilio Esperante Rebollido e Nilda Redondo Lorenzo (76497157P-33228567F), 100 % ganancial.

Novos titulares: José Fco. Esperante Redondo (76778074A), 50 % privativo, e María José Esperante Redondo (76779853B), 50 % privativo.

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Ango II.

Localización:

Cuadrícula nº: 229, polígono: E, distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 29.2.1964.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Antigos titulares: Emilio Esperante Rebollido e Nilda Redondo Lorenzo (76497157P- 33228567F), 50 % ganancial, e José Fco. Esperante Redondo (76778074A), 50 % privativo.

Novos titulares: José Fco. Esperante Redondo (76778074A), 75 % privativo, e María José Esperante Redondo (76779853B), 25 % privativo.

Os novos titulares das concesións administrativas quedan subrogados nos dereitos e nas obrigas dos anteriores.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 20 de marzo de 2017

A conselleira do Mar
P.D. (Resolución do 12.4.2012)
Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña