Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 18 de abril de 2017 Páx. 18240

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

EDICTO do 24 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican diversas resolucións xestionadas nesta xefatura territorial (expediente BS618D27055000116 e tres máis).

De conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015 do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e en virtude do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e en uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, ao seren devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día coas resolucións ditadas nos procedementos instados polos interesados, publícase mediante este edicto, de conformidade co disposto no artigo 61 da mencionada lei, o contido das ditas resolucións. Contra as referidas resolucións, que non poñen fin a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Política Social no prazo dun mes, a partir do día seguinte á data desta publicación no Boletín Oficial del Estado conforme a norma reguladora do procedemento administrativo común das administracións públicas.

No mesmo prazo sinalado anteriormente, e de acordo co referido no artigo 61 da dita Lei 30/1992, de 26 de novembro, poderán comparecer persoalmente ou debidamente representados na Xefatura Territorial de Política Social de Lugo, Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (rolda da Muralla, 70) das 9.00 ás 14.00 horas, para coñeceren o texto íntegro da resolución e do resto do expediente.

Lugo, 24 de marzo de 2017

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Apelidos e nome

DNI/NIE

Nº de expte.

Resolución/Data

Fernández Díaz, María Dolores

33856411C

BS618D27055000116

Concesión 11.10.2016

González Benítez, Norberto Benito

X0276841J

BS618D27065000716

Denegación 29.11.2016

Marín Pérez, María Dolores

11379591L

BS618D27028022916

Denegación 17.11.2016

Sena Horacio, Yesenia

X6540026E

BS618D27051001316

Concesión 17.2.2017