Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 18 de abril de 2017 Páx. 18235

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

EDICTO do 24 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican diversas resolucións de recursos de alzada (expediente BS626F27016003115 e un máis).

De conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, publícanse mediante este edicto as notificacións das resolucións de recursos de alzada presentados polas persoas interesadas relacionadas no anexo, ao seren devoltas polo servizo de Correos, unha vez que se intentou a notificación e non se puido efectuar.

Estas resolucións poñen fin á vía administrativa e contra elas poderase interpor recurso contencioso-administrativo, perante a xurisdición competente, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da data desta publicación no Boletín Oficial del Estado, conforme o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, ou potestativamente, segundo o establecido nos artigos 123 e 124 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro, poderase interpor recurso de reposición no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ante o mesmo órgano que ditou o acto.

Así mesmo, no prazo dun mes, e de acordo co referido no artigo 61 da dita Lei 30/1992, do 26 de novembro, poderán comparecer persoalmente ou debidamente representadas na Xefatura Territorial da Consellería de Política Social de Lugo, Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (rolda da Muralla, nº 70, baixo), das 9.00 ás 14.00 horas, para os efectos do coñecemento do texto íntegro da resolución e do resto do expediente.

Lugo, 24 de marzo de 2017

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Apelidos e nome

DNI/NIE

Nº de expte.

Resolución/Data

Oliveira de Sousa, Joana Andreia

X4676095B

BS626F27016003115

Recurso desestimado 1.2.2017

Vilar Vázquez, María Pilar

32780236S

BS626F27007000214

Recurso desestimado 10.10.2016