Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 17 de abril de 2017 Páx. 18047

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 27 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se fai pública a Resolución do 20 de marzo de 2017 de autorización de cambio de actividade de forestal a agrícola da parcela 2095 do polígono 151 do termo municipal de Becerreá (Lugo) e 67 máis.

En cumprimento do establecido no artigo 48 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, faise público que, de acordo co establecido no artigo 60.1.c) da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, a Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo autorizou, mediante a Resolución do 20 de marzo de 2017, o cambio de actividade de forestal a agrícola nas parcelas 2095, 2120, 2121, 2122, 2126, 2127, 2128, 2134, 2135, 2136, 2137, 2138, 2139, 2144 (recinto 1), 2146, 2152, 2153, 2156, 2159, 2160, 2164, 2165, 2166, 2171, 2172, 2175, 2176, 2177, 2178, 2179, 2180, 2182, 2185, 2187, 2188, 2189, 2190 (recinto 2), 2193, 2194, 2198, 2199, 2200, 2202, 2203, 2207, 2211 (recinto 4), 2218, 2236, 2238, 2239, 2241, 2242, 2244, 2245, 2247, 2248, 2249, 2258, 2261, 2262, 2280, 2281, 2282, 2283, 2284, 2331, 2332 e 2333 do polígono 151 do termo municipal de Becerreá (Lugo).

O proxecto foi sometido previamente a avaliación ambiental simplificada e o informe de impacto ambiental foi formulado con data do 21 de febreiro de 2017. O anuncio foi publicado no DOG núm. 56, do 21 de marzo.

Lugo, 27 de marzo de 2017

María Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo