Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 17 de abril de 2017 Páx. 18048

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 30 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan varios propietarios da concentración parcelaria de Barbeito (Vilasantar-A Coruña) para seren notificados por comparecencia de trámites que os afectan en diversos expedientes para a resolución de recursos contra as bases definitivas da devandita zona.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados da zona de concentración parcelaria de Barbeito (Vilasantar-A Coruña) que se relacionan no anexo para seren notificados por comparecencia por medio deste anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Así mesmo, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

O acto foi dictado pola instrutora do expediente.

A comparecencia deberase efectuar na sede do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, no Edificio Administrativo de Servizos Múltiples de Monelos, 6º andar, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de quince días contados desde o seguinte ao da súa publicación deste anuncio no (BOE).

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 30 de marzo de 2017

Manuel Rodríguez Vázquez
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: recurso 04 contra as bases definitivas

Interesado: Gumersindo Cerviño Debén.

Acto notificado: requirimento de documentación.

Expediente: recurso 06 contra as bases definitivas.

Francisco José Pérez Sánchez.

Acto notificado: requirimento de documentación.