Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 12 de abril de 2017 Páx. 17566

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3841/2016-RJ).

Mª Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sección Primera da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3841/2016 desta sección, seguido por instancia de Manuel Jesús Fandiño López contra o Fogasa e Grafinova, S.A., sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación da letrada da Administración de xustiza Asunción Barrio Calle:

A Coruña, 22 de marzo de 2017.

O anterior escrito subscrito polo letrado Javier Castro Martínez, en nome e representación de Manuel Jesús Fandiño López, únase ao recurso da súa razón xunto coas súas copias. Dáse por interposto o recurso de casación para a unificación de doutrina e fórmese peza separada que se encabezará con testemuño da sentenza ditada por esta sala. Emprácense as demais partes para que comparezan por escrito de letrado, ante a Sala do Social do Tribunal Supremo dentro do prazo de dez días, que acheguen copias do devandito escrito e designen un domicilio para notificacións na sede da devandita sala. A representación da parte debe acreditar non constar previamente nas actuacións.

Unha vez verificado, remítanse as actuacións ao devandito tribunal.

A parte recorrente enténdese por comparecida de dereito coa remisión das actuacións.

Comuníquese ao Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela que contra a resolución desta sala se recorreu en casación para a unificación de doutrina.

Notifíqueselles ás partes facéndolles saber que contra a presente resolución non cabe ningún recurso.

Acórdoo e asínoo. Dou fe».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Grafinova, S.A., en paradoiro ignorado, expido este edicto para a súa inserción no DOG.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 22 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza