Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 12 de abril de 2017 Páx. 17564

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4159/2016).

Eu, Mª Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4159/2016 desta sección, seguido por instancia de José Manuel Díaz Dubra, contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Tapiz Hogar, S.L., Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo sobre accidente, ditouse a seguinte resolución:

«Decidimos que estimando o recurso de suplicación interposto polo demandado Jesús Manuel Díaz Dubra, debemos revogar parcialmente a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 5 desta capital. En consecuencia, desestimamos integramente a demanda formulada pola demandante Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, e absolvemos libremente os demandados Jesús Manuel Díaz Dubra, a entidade Tapiz Hogar, S.L., o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

Modo de impuganación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que ha de prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 35 seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Tapiz Hogar, S.L., con último domicilio coñecido no polígono Pocomaco, parcela 37, A Coruña, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 22 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza