Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 12 de abril de 2017 Páx. 17508

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

ORDE do 24 de marzo de 2017 pola que se amplía o crédito da Orde do 29 de decembro de 2016 pola que se fixa o importe do crédito dispoñible na convocatoria de 2017 para a concesión de axudas en réxime de concorrencia competitiva para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca, no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020.

Mediante a Orde do 24 de maio de 2016 (DOG núm. 109, do 9 de xuño de 2016), establecéronse as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) aprobadas pola Consellería do Mar aos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro para o desenvolvemento sostible das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020.

A devandita orde, no seu artigo 16, establece que, mediante unha orde complementaria, en cada anualidade sucesiva se deberán fixar os créditos plurianuais para a respectiva convocatoria. Así, a través da Orde do 29 de decembro de 2016 (DOG núm. 10, do 16 de xaneiro de 2017), tramitada no seu momento como expediente anticipado de gasto, establecéronse os importes dos créditos para financiar as axudas para os proxectos ao abeiro das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca, para a convocatoria de 2017 (incluíndo as anualidades 2017, 2018 e 2019).

No artigo 16.4 da arriba citada Orde de bases do 24 de maio de 2016 establécese que «Os importes consignados en cada convocatoria poderán ser ampliados en función das dispoñibilidades orzamentarias, sen que isto dea lugar á apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes, salvo indicación expresa en contrario na orde que se publique para o efecto». En coherencia co anterior, o artigo 2 da Orde do 29 de decembro de 2016, que fixa o crédito para a convocatoria de 2017, establece que, dentro do marco que regula o punto 2 do artigo 30 do regulamento da Lei de subvencións de Galicia (Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro), poderase ampliar o crédito alí fixado «sen que iso dea lugar á apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes, salvo indicación expresa en contrario na orde que se publique para o efecto».

Dado que unha vez cerrado o exercicio 2016 e aprobados os orzamentos xerais da CC. AA. de Galicia para 2017 existen dispoñibilidades de crédito derivadas de remanentes no proxecto orzamentario 2016 00294 Desenvolvemento Sostible das Zonas de Pesca, destinado a financiar as presentes axudas, considérase conveniente ampliar o importe do crédito inicial para os denominados proxectos non produtivos e acadar así un uso máis eficiente dos fondos públicos mediante un maior grao de execución orzamentaria.

Por todo isto, e facendo uso das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora das normas da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo único. Ampliación de crédito

1. Amplíase o crédito máximo destinado a financiar as subvencións que se concedan a proxectos non-produtivos, con cargo á aplicación 14.03.723C.780.0, na anualidade corrente da convocatoria para o ano 2017 das axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, nun importe de 450.933 €.

2. O novo importe total máximo, sumando o importe inicial publicado e a presente ampliación, queda fixado no cadro seguinte:

Aplicación

2017

2018

2019

Total

14.03.723C.770.0

4.300.000,00 €

4.200.000,00 €

4.800.000,00 €

13.300.000,00 €

14.03.723C.780.0

862.475,00 €

1.190.000,00 €

950.000,00 €

3.002.475,00 €

Total

5.162.475,00 €

5.390.000,00 €

5.750.000,00 €

16.302.475,00 €

Disposición derradeira única

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2017

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Mar