Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 12 de abril de 2017 Páx. 17617

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Valga (expediente IN407A 2016/531-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Serrerías Rodríguez, S.L.

Domicilio social: lg. Outeiro, Setecoros, 7, 36612 Valga.

Denominación: instalación fotovoltaica de autoconsumo en Outeiro.

Situación: Valga.

Características técnicas: instalación solar fotovoltaica de autoconsumo cunha potencia nominal de 315,84 kWp. A instalación consta de 1.132 módulos e 8 inversores, 4 dunha potencia de 50 kW e 4 de 25 kW, instalados sobre a cuberta dunha nave industrial, ocupando unha superficie de 5.500 metros cadrados. A instalación está situada en Outeiro, Setecoros, Valga.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; Edificio Administrativo, avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 15 de novembro de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra