Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 12 de abril de 2017 Páx. 17614

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 30 de marzo de 2017, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente LU-00576-O-2016 e oito máis).

A persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade ditou a resolución do expediente sancionador número LU-00576-O-2016 e oito máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recibo no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Infórmaselles que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, situadas na praza de Europa, 5A, 2º en Santiago de Compostela.

Comunícaselles que contra a dita resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

As sancións impostas foron aboadas anticipadamente cunha redución do seu importe conforme o previsto no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres.

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2017

David Conde Varela
Subdirector xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

Persoa sancionada

DNI/CIF

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

LU-00576-O-2016

0983-JJN

Transneusy, S.L.

B70373352

A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea utilizando.

15.3.2016; 10.00; A6; 487,0

Art. 140.35 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

1.001 euros

LU-00814-O-2016

0369-JBZ

Cartrans Petre, S.L.

B55216113

A condución durante máis de 6 horas sen respectar as pausas regulamentariamente exixidas. Superior a 6 horas e inferior ou igual a 8 horas.
3.5.2016; 17.34; A6; 455,1

Art. 140.37.4 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

1.001 euros

LU-01305-O-2016

4824-DFT

Rodríguez Matanza, María Sandra

34994397N

Non levar inserido no tacógrafo o cartón de condutor ou a folla de rexistro dos tempos de condución e descanso, cando iso resulte exixible, ou facelo de forma incorrecta. Ou non efectuar os documentos impresos ao comezo e á finalización da viaxe nos supostos de deterioración ou mal funcionamento do cartón de condutor ou no caso de que este non estea no seu poder.

18.6.2016; 7.22; N640; 88,1

Art. 140.22 LOTT

Art. 143.1.h) LOTT

2.001 euros

PO-00073-O-2016

3832-BDF

Alfredo Domínguez Rodríguez

34979390R

O exceso igual ou superior ao 25 % sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 31 %.

4.8.2015; 7.45; AP9; 137,5

Art. 140.23 LOTT

Art. 143.1.h) LOTT

3.200 euros

PO-02529-O-2016

8941-GHN

Depuradora de Moluscos de Canarias

B38790036

O exceso igual ou superior ao 25 % sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 35 %.
9.3.2016; 19.40; AG41; 0,4

Art. 140.23 LOTT

Art. 143.1.h) LOTT

4.000 euros

PO-02873-O-2016

2528-DRR

José Ramón Agrofojo Lago

36075085E

O exceso igual ou superior ao 25 % sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 28 %.
7.4.2016; 17.21; AP9; 137,5

Art. 140.23 LOTT

Art. 143.1.h) LOTT

2.600 euros

PO-03110-O-2016

9170-DPW

Trans Comesaña y Castro, S.L.

B36893873

Non levar a bordo do vehículo o cartón de condutor, aínda que se estea utilizando un tacógrafo analóxico, cando resulte necesario para apreciar as condicións de condución durante o período anterior exixible.

21.4.2016; 9.35; AP9; 129,0

Art. 140.35 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

1.001 euros

XC-01672-O-2016

C-5409-CF

Talleres y Suministros S.L.

B70345913

O exceso igual ou superior ao 25 % sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 25 %.

19.4.2016; 17.58; AC552; 1,5

Art. 140.23 LOTT

Art. 143.1.h) LOTT

2.001 euros

XC-02247-O-2016

0877CSG

Polbeiria Alfonsín, S.L.

B94088085

O exceso igual ou superior ao 25 % sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 35 %.

8.5.2016; 22.13; N550; 50,300

Art. 140.23 LOTT

Art. 143.1.h) LOTT

4.000 euros