Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 12 de abril de 2017 Páx. 17618

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

EDICTO do 28 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 9/2017, por infracción na orde social.

Notifícaselle ao interesado, de conformidade co establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a resolución do expediente sancionador que a continuación se relaciona no anexo, ao seren devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, a persoa interesada podrá interpor recurso de alzada ante a Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria (San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela), a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, e no artigo 23 do Real decreto 928/1998, do 14 de maio (BOE do 3 de xuño), do Regulamento xeral sobre o procedemento para a imposición de sancións por infraccións na orde social. O recurso interporase ante o órgano que ditou o acto ou ante o competente para resolvelo.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos.

Para o coñecemento do texto íntegro do acto que se notifica, o interesado poderá comparecer, no prazo máximo de 10 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo de Emprego e Economía Social desta xefatura territorial, sito na avenida da Habana, 79, 7º, Ourense.

Ourense, 28 de marzo de 2017

O xefe territorial de Ourense
P.S. (Decreto 175/2015, artigo 62.3)
Juan Ramón Velasco González
Xefe do Servizo de Administración Industrial de Ourense

ANEXO

Nº de expte.

Nº de acta de infracción

Nome/razón social

NIF/CIF

Último domicilio coñecido

Data da resolución

Importe da sanción

9/2017

I322016000026547

Antonio del Llano e Hijos, S.L.

B86350865

R/ Álamos, urb. Monteclaro, 20, 28223 Pozuelo de Alarcón (Madrid)

14.3.2017

2.046,00 €