Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 11 de abril de 2017 Páx. 17418

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 23 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se anuncia a toma de posesión provisional dos predios de substitución na zona de concentración parcelaria do Mundil (Cartelle-Ourense).

Ao amparo do disposto pola disposición transitoria primeira da Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia, a Lei 10/1985, de concentración parcelaria para Galicia, modificada pola Lei 12/2001, do 10 de setembro, con data do 20 de marzo de 2017, o director xeral de Desenvolvemento Rural resolveu dar toma de posesión provisional dos predios resultantes do proceso de concentración parcelaria da zona do Mundil (Cartelle, Ourense).

As datas para tomar posesión dos predios son as seguintes:

1. Para terreos de prado, pasteiro, labradío sen colleita e monte, o día 15 de abril de 2017.

2. Para a retirada do arboredo e restantes terreos, no momento en que se retiren as colleitas actuais e, en todo caso, como data límite o día 1 de novembro de 2017, tendo presente que para a corta de especies autóctonas protexidas debe contarse co preceptivo permiso do servizo de montes e o informe favorable do servizo de conservación da natureza.

Deberá terse en conta que impedir ou obstaculizar a toma de posesión é considerado unha infracción moi grave, que pode ser sancionada con multa de ata 3.005,06 euros, e poderá darse, logo de apercibimento, mediante compulsión directa sobre as persoas que a impidan.

Dentro dos sesenta días naturais seguintes ao 15 de abril de 2017 en que os predios de substitución se poñen á disposición dos participantes para que tomen posesión deles, as persoas interesadas poderán reclamar, achegando ditame pericial, sobre diferencias superiores ao 2 % entre a cabida real dos novos predios e a que conste no expediente de concentración. Os titulares dos novos predios poderán acceder a eles para proceder á súa medición no prazo sinalado anteriormente. Debe terse en conta que:

1. A falta de superficie dun predio non será compensada cando exista exceso de superficie no resto das atribucións da mesma titularidade suficiente para compensar a puntuación final atribuída.

2. Non procede reclamación no caso de que o novo predio coincida exactamente coa parcela achegada polo mesma persoa titular.

Ourense, 23 de marzo de 2017

Yago Borrajo Sánchez
Xefe territorial de Ourense