Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 11 de abril de 2017 Páx. 17379

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 15 de marzo de 2017, do Servizo de Mobilidade de Lugo, polo que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltos polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente LU-00283-O-2017 e sete máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade de Lugo acordou a incoación dos expedientes sancionadores número LU-00283-O-2017 e sete máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Infórmaselles que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade de Lugo.

Outórgaselles un prazo de quince días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegar o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.

No suposto que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

Lugo, 15 de marzo de 2017

Mª del Pilar Represa Fernández
Xefa do Servizo de Mobilidade de Lugo

Expediente

Matrícula

Denunciado

DNI/CIF

Infracción denunciada

Data-hora-estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

LU-00283-O-2017

1715-HGZ

Acteco Productos y Servicios, S.L.

B03971512

Transporte de mercadorías perigosas en bultos que están danados e presentan un perigo inmediato.

31.1.2017; 18.20; A-6; 479,0

Art. 140.15.18 LOTT

Art. 143.1.i) LOTT

4.001 euros

LU-00284-O-2017

1715-HGZ

Acteco Productos y Servicios, S.L.

B03971512

Transporte de mercadorías perigosas en bultos que están danados e presentan un perigo inmediato.

31.1.2017; 18.20; A-6; 479,0

Art. 141.5.10 LOTT

Art. 143.1.f) LOTT

801 euros

LU-00285-O-2017

1715-HGZ

Acteco Productos y Servicios, S.L.

B03971512

Non realizar nas plantas cargadoras ou descargadoras as comprobacións que sean obrigatorias antes, durante ou despois da carga/descarga.

31.1.2017; 18.20; A-6; 479,0

Art. 141.5.14 LOTT

Art. 143.1.f) LOTT

801 euros

LU-00364-O-2017

1302-FLW

Berbel Excavaciones, S.L.

B70365309

Non levar inserida no tacógrafo o cartón de condutor ou a folla de rexistro dos tempos de condución e descanso, cando iso resulte exixible ou facelo de forma incorrecta. Ou non efectuar os documentos impresos ao comezo e á finalización da viaxe nos supostos de deterioración ou mal funcionamento do cartón de condutor ou no caso de que esta non obre en poder seu.

24.1.2017; 20.27; A8; 552,1

Art. 140.22 LOTT

Art. 143.1.h) LOTT

2.001 euros

LU-01667-O-2016

IB-7300-CZ

Antonia Rosello Roig

41433094C

A utilización do tacógrafo sen realizar o seu calibrado ou revisión periódica nos prazos e forma establecidos.

5.8.2016; 16.00; NVI; 528,8

Art. 140.34 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

1.001 euros

LU-01839-O-2016

2782-FSY

Logística Nusa, S.L.

B32442378

A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea utilizando.

23.9.2016; 9.22; N120; 515,1

Art. 140.35 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

1.001 euros

LU-01995-O-2016

4568-DPN

Grupo Sf Logística Portuaria, S.L.

B64397185

A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea utilizando.

17.10.2016; 20.03; A8; 574,0

Art. 140.35 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

1.001 euros

LU-02211-O-2016

3755-HVC

María Begoña Rego Mouriño

33330079C

Non levar a bordo dun vehículo arrendado o contrato de arrendamento ou copia deste, ou levalo sen cumprimentar.

30.11.2016; 11.25; A6; 529

Art. 142.9 LOTT

Art. 142.8 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201 euros

ANEXO