De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse as interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.
O acto foi adoptado pola directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, na sede desta dirección xeral, sita no edificio da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio; San Lázaro, s/n, 2º andar, Santiago de Compostela, código postal 15781, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2017
María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático
ANEXO
Expediente: LU-RES-2016-032.
Interesados: Marian Sali e Niculina Giurgiuveanu.
Acto notificado: resolución.