Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 11 de abril de 2017 Páx. 17363

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (770/2014).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 770/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Begoña Barreiro Rico contra Leiteiro, S.L. e o Fogasa sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución, cuxo encabezamento e decisión é do teor literal seguinte:

«Sentenza 149/2017.

A Coruña, 15 de marzo de 2017

Decido:

1. Estimo a demanda formulada por María Begoña Barreiro Rico fronte a Leiteiro, S.L., e en consecuencia, condeno esta a pagarlle á primeira a suma de 1.689,60 euros líquidos en concepto de salarios debidos así como o xuro do artigo 29.3 do ET.

2. O Fogasa deberá de pasar polo resolto na presente resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño desta no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela non cabe ningún recurso.

Así o pronuncio, mando e asino».

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Leiteiro, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 15 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza