Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 11 de abril de 2017 Páx. 17361

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (791/2014).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento seguridade social 791/2014 deste xulgado do social, seguido a instancia de UTE Lavacolla contra Corsan Corviam Construcción, S.A., Tecnología de la Construcción, S.A., Hermanos Malvar Vázquez Construcciones, S.L., Copcisa, S.A., Instituto Nacional da Seguridade Social da Coruña, Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS), Pablo Figueira Martínez, Administración Concursal Hermanos Malvar Construcciones, S.L., Enrique Fonterigo sobre seguridade social, ditouse a seguinte resolución cuxo encabezamento e fallo é do tenor literal seguinte:

Sentenza

A Coruña, 15 de marzo de 2017.

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado Social de reforzo da Coruña, os presentes autos de procedemento nº 791/14 seguidos ante este Xulgado a instancia de UTE Lavacolla (Corsan Corviam, Construcción, S.A., Copcisa S.A., Tecnología de la Construcción, S.A.), representada polo letrado Francisco Pertusa Pérez, contra INSS e TXSS, representados pola letrada María Carmen García Sánchez, Hermanos Malvar Vázquez Construcciones, S.L., a súa administración concursal, Tecnología de la Construcción, S.A., Corsan Corvian Construcción, S.A., todos eles non comparecidos e contra Copcisa, S.A., representada polo letrado Francisco Pertusa Pérez e Pablo Figueira Martínez, asistido do letrado Manuel Comendador Rey, que leva acumulados os autos 799/2014 procedentes do Xulgado do Social número 5 e seguidos a instancia de Copcisa, S.A., procedo a ditar sentenza de conformidade co seguinte:

Fallo.

Que debo desestimar e desestimo a demanda interposta por UTE Lavacolla (Corsan Corviam, Construcción, S.A., Copcisa, S.A., Tecnología de la Construcción, S.A.) contra INSS e TXSS, Hermanos Malvar Vázquez Construcciones, S.L., a súa administración concursal, Tecnología de la Construcción, S.A., Corsan Corvian Construcción, S.A., Copcisa, S.A., Pablo Figueira Martínez, absolvendo a estes de todas as pretensións deducidas na súa contra.

Que debo desestimar e desestimo a demanda interposta por Copcisa, S.A., contra INSS e TXSS, Hermanos Malvar Vázquez Construcciones, S.L., a súa administración concursal, Tecnología de la Construcción, S.A., Corsan Corvian Construcción, S.A., UTE Lavacolla, Pablo Figueira Martínez, absolvendo os demandados de todas as pretensións deducidas na súa contra.

Notifíqueselles esta resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este Xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Hermanos Malvar Vázquez Construcciones, S.L., e Tecnología de la Construcción, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 15 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza