Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 10 de abril de 2017 Páx. 16973

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 7 de febreiro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a promoción e consolidación do emprego autónomo a través do Programa I, de axudas á promoción de emprego autónomo, cofinanciado parcialmente con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e o Programa II, de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas, e se convoncan para o ano 2017.

Advertidos erros na citada orde publicada no Diario Oficial de Galicia número 50, do luns,13 de marzo de 2017, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 12382, ao finalizar o artigo 29, engadir un artigo 29 bis:

«Artigo 29 bis. Devolución voluntaria da subvención

De acordo co establecido no artigo 64 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, as entidades beneficiarias poderán realizar, sen o requirimento previo da Administración, a devolución total ou parcial da subvención concedida, mediante o seu ingreso na conta ES82 2080 0300 8731 1006 3172, en concepto de devolución voluntaria da subvención.

En todo caso, a persoa beneficiaria deberá presentar ante o órgano concedente copia xustificativa da devolución voluntaria realizada, na que conste a data do ingreso, o seu importe e o número do expediente e denominación da subvención concedida».

Na páxina 12389, no artigo 38.1.f) 1º, onde di: «Declaración responsable da persoa solicitante da subvención sobre a composición da súa unidade familiar, de acordo co modelo do anexo IV-A, sempre que o autorice segundo o anexo V-A»; debe dicir: «Declaración responsable da persoa traballadora pola que se solicita a subvención sobre a composición da súa unidade familiar, de acordo co modelo do anexo IV-A, sempre que o autorice segundo o anexo V-A».

Na páxina 12390, no artigo 39.2, onde di: «Consultaranse, ademais, os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar no anexo IV-A que pertence a unha familia en que todos os seus membros están desempregados:»; debe dicir: «Consultaranse, ademais, os seguintes datos cando a persoa traballadora pola que se solicita a subvención faga constar no anexo IV-A que pertence a unha familia en que todos os seus membros están desempregados:».

Na páxina 12392, no artigo 42.1, onde di: «De non achegarse con anterioridade, o pagamento das subvencións quedará condicionado á presentación da documentación xustificativa para o pagamento no prazo, nos termos e no modo establecidos na resolución de concesión ou, de ser o caso, ata o 20 de decembro de 2016»; debe dicir: «De non achegarse con anterioridade, o pagamento das subvencións quedará condicionado á presentación da documentación xustificativa para o pagamento no prazo, nos termos e no modo establecido na resolución de concesión ou, de ser o caso, ata o 20 de decembro de 2017».