Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 10 de abril de 2017 Páx. 16972

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería do Mar

DECRETO 42/2017, do 30 de marzo, polo que se dispón o nomeamento dun vogal do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.

O Consello de Administración é o órgano superior colexiado de dirección do ente público Portos de Galicia, tal e como se dispón no artigo 10 do regulamento do ente aprobado polo Decreto 227/1995, do 20 de xullo. No citado artigo sinálase a composición do Consello de Administración, así como a forma de nomeamento e cesamento dos seus vogais, todos eles son nomeados polo Consello da Xunta de Galicia, por proposta do presidente do ente público Portos de Galicia, agás os representantes da Administración autonómica, que serán nomeados por proposta das persoas titulares das consellerías.

O artigo 10.4 do Decreto 227/1995, do 20 de xullo, sinala, entre outros vogais representantes dos sectores económicos relacionados coas actividades portuarias, tres en representación das cámaras de comercio de Galicia.

En consecuencia, vistas as propostas de cesamento e nomeamento precisas para a renovación dun vogal representante da Cámara de Comercio da Provincia da Coruña, por proposta da conselleira do Mar e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día trinta de marzo de dous mil dezasete,

DISPOÑO:

Artigo único.

O nomeamento de Juan Antonio Quiroga Lage como vogal titular do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, en representación da Cámara de Comercio da Provincia da Coruña.

Santiago de Compostela, trinta de marzo de dous mil dezasete

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Rosa Mª Quintana Carballo
Conselleira do Mar