Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 7 de abril de 2017 Páx. 16896

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de contratación (expediente 18570-332).

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Educación. Nº de expediente: 18570-332.

2. Obxecto do contrato: a adquisición dos materiais de construción e o alugamento de maquinaria que se relacionan no anexo do prego de prescricións técnicas, para a realización de obras de mantemento nos centros de educación infantil e primaria dependentes da Concellaría de Educación.

División por lotes e número de lotes: si; 7. Lote 1: formigóns, morteiros e areas. Lote 2: materiais de albanelaría e sanitarios. Lote 3: materiais para carpintaría de madeira. Lote 4: materiais para carpintaría de aluminio. Lote 5: materiais para fontanaría e saneamento. Lote 6: material para instalacións eléctricas. Lote 7: de alugamento de maquinaria.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo de execución: oito (8) meses. En calquera caso, finalizará o día 30 de decembro de 2017. Prórroga: non.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 131.890 euros (IVE incluído). Dotación por lotes: lote 1: 8.778,82 €; lote 2: 59.127,35 €; lote 3: 10.218,19 €; lote 4: 2.561,42 €; lote 5: 12.682,15 €; lote 6: 6.799,90 €, lote 7: 8.832,17 €.

5. Garantías exixidas. a) Provisional: non se exixe. b) Definitiva: si (5 % do prezo de adxudicación do contrato, excluído o IVE). c) Complementaria: non.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante); teléfono: 986 81 01 48; fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata sete (7) días antes do día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: a) Documentos acreditativos da solvencia económica e financeira: declaración do volume anual de negocio. Consideraranse con solvencia económica e financeira os licitadores que no conxunto dos últimos tres anos teñan un volume de facturación que sexa igual ou superior ao prezo do contrato. b) Documentos acreditativos da solvencia técnica e profesional: unha relación das principais subministracións similares ao obxecto do contrato realizadas nos últimos cinco anos, que inclúa o importe, as datas e o seudestinatario, público ou privado, por importe igual ou superior ao prezo do contrato. Considerarase acreditada a solvencia se nalgún dos últimos cinco anos acredita subministracións por importe igual ou superior a unha anualidade media do prezo do contrato. As subministracións efectuadas acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público; cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante un certificado expedido por este ou, na falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario.

8. Presentación das ofertas: prazo: o prazo rematará o décimo quinto (15) día seguintes ao da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG.

Documentación: a exixida nas cláusulas 12 e 13 do prego de condicións administrativas e no punto 7 da folla de especificacións do contrato.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo; praza do Rei, nº 1, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.

Admisión de melloras: non.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas técnica e económica: entidade, domicilio e localidade: véxase o punto 6 do anuncio.

Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Outras informacións: –.

11. Páxina web para a obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 31 de marzo de 2017

O alcalde
P.D. (Decreto e Acordo do 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación