Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 7 de abril de 2017 Páx. 16899

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A.

ANUNCIO de convocatoria de selección para o posto de xerente.

O Consello de Administración de Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A. acordou, na súa reunión do 1 de marzo de 2017:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para a cobertura do posto de xerente de Xestión do Solo de Galicia- Xestur, S.A.

Segundo. Aprobar as bases polas que se rexerá o proceso de selección e que están publicadas na páxina web: www.xesturgalicia.com

O prazo para a presentación de solicitudes rematará transcorridos 15 días hábiles contados desde o seguinte á publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

As proposicións presentaranse no Rexistro de Xestur Galicia (local 25 Z-1º andar de Área Central, polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela) ou nas oficinas previstas no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común. Neste caso, deberase remitir por fax ao seguinte número: 981 54 19 85, e antes da finalización do prazo de presentación de solicitudes, a solicitude rexistrada e a relación individualizada dos méritos que se aleguen.

Para estes efectos, a hora de peche do Rexistro será ás 14.00 horas. Se coincidir en sábado, domingo ou festivo, prorrogarase ata o día hábil seguinte.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2017

Heriberto García Porto
Presidente do Consello de Administración de Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A.