Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 7 de abril de 2017 Páx. 16895

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Pino

ANUNCIO de convocatoria para prover unha praza de traballador/a social.

No BOP da Coruña núm. 53, do 20 de marzo de 2017, publicáronse as bases que rexerán o concurso-oposición para cubrir unha praza de traballador/a social, vacante no cadro de persoal laboral deste concello, por concurso-oposición libre.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios en relación con esta convocatoria serán publicados no BOP da Coruña, no taboleiro de anuncios e na páxina web deste concello.

O Pino, 20 de marzo de 2017

Manuel Taboada Vigo
Alcalde presidente