Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 7 de abril de 2017 Páx. 16894

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Palas de Rei

ANUNCIO da aprobación inicial do estudo de detalle referente ao reaxuste da aliñación na rúa do Cruceiro.

Aprobado inicialmente, con data do 9 de marzo de 2017, o estudo de detalle redactado polo arquitecto José Ángel Santos Ferro, referente ao reaxuste da aliñación na rúa do Cruceiro, entre a travesía da Igrexa e a rúa da Paz (área afectada polo estudo de detalle).

En cumprimiento da Resolución da Alcaldía do 9 de marzo de 2017 e do artigo 86.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese o expediente a información pública polo prazo de vinte días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o período de información pública quedará o expediente á disposición de calquera que queira examinalo, para os efectos de que se presenten as alegacións e suxestións que se consideren pertinentes.

A aprobación inicial do estudo de detalle comporta a suspensión do outorgamento de licenzas no ámbito afectado por este, suspensión que se extinguirá coa aprobación definitiva do estudo de detalle.

Palas de Rei, 13 de marzo de 2017

Pablo José Taboada Camoira
Alcalde