Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 7 de abril de 2017 Páx. 16791

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3464/2016).

Tipo e nº de recurso: RSU recurso suplicación 3464/2016 CRS

Xulgado de orixen/autos: procedemento ordinario 846/2014 Xulgado do Social número 1 de Ferrol

Recorrente: Elena Perille Ramos

Avogada: Vanesa Picos Castro

Procurador: Rafael Rodriguez Ramos

Recorridos: Izar Construcciones Navales, S.A., Mapfre Global Risks, CIA Internac. Seguros (antes Mussini, S.A. e Mapfre Empresas), Auxiliar de Plantas Industriales, S.A., Tuversa, Codesgil, S.A., Ferrografía, S.L., Navantia, S.A., Naval, S.A.

Avogados: Nemesio Barxa Álvarez, Beatriz Regos Concha

Procurador: DOG

Eu, Mª Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 3464/2016 desta Sección, seguido a instancia de Elena Perille Ramos contra Izar Construcciones Navales, S.A., Mapfre Global Risks, CIA Internac. Seguros (antes Mussini, S.A. y Mapfre Empresas), Auxiliar de Plantas Industriales, S.A., Tuversa, Codesgil, S.A., Ferrografía, S.L., Navantía, S.L., Naval, S.A., sobre outros dereitos Seguridade Social, ditouse a seguinte resolución:

Fallamos. Que estimando parcialmente o recurso de suplicación interposto pola representación letrada da demandante Elena Perille Ramos, contra a sentenza de data 9 de febreiro de 2016, ditada polo Xulgado do Social número 1 dos de Ferrol, en autos 846/2014 seguidos a instancia da recorrente fronte ás empresas Izar Construcciones Navales, S.A., en liquidación, e Navantia, S.A., contra a aseguradora Mapfre (antes Musini) e ampliada a Tuversa, Ferrografía, S.L., Codesgil, S.A., Naval, S.A., Auxiliar de Plantas Industriales, S.A., sobre indemnización de danos e prexuízos derivados de enfermidade profesional, debemos revogar e revogamos parcialmente a sentenza, e con estimación parcial da demanda debemos condenar e condenamos ás empresas codemandadas Izar Construcciones Navales, S.A., en liquidación, e Navantia, S.A., a que, en concepto de danos e prexuízos derivados do falecemento de Dionisio Villaverde Rodríguez, aboen solidariamente á demandante a cantidade de corenta e tres mil cento trinta e oito euros con vinte céntimos (43.138,20 euros), desestimando a demanda formulada, en canto á superior contía reclamada, absolvendo as citadas codemandadas dos citados pedimentos e mantendo o pronunciamento absolutorio contido na sentenza de instancia respecto aos demais codemandados.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que ha de prepararse mediante escrito presentado ante esta Sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 35 seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así por esta nosa sentencia, pronunciámolo, mandamos e asinamos».

E para que sirva de notificación en legal forma a Naval, S.A., Tuversa, Codesgil, S.A., Auxiliar de Plantas Industriales, S.A., Ferrografía, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no DOG.

Advírtese os destinatarios de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza