Xuízo verbal 155/2016
Sobre outros verbal
Demandante: Comunidad de Propietarios Edificio Mahía fase II
Procurador: Luis Rieiro Noya
Avogado: José Antonio Montero Vilar
Demandada: Begoña Gozálvez Botana
Neste órgano xudicial tramítase xuízo verbal 155/2016, seguido por instancia de Comunidad Propietarios Edificio Mahía fase II, contra Begoña Gozálvez Botana, nos cales, por Resolución do 15 de novembro de 2016, se acordou a notificación da sentenza:
«Maxistrado xuíz: Jorge Martínez Vázquez
Demandante: Comunidad de Propietarios Edificio Mahía 9 fase II, praza do Concello de Bertamiráns (Ames)
Procurador: Sr. Rieiro Noya
Avogado: Sr. Montero Vilar
Demandada: Begoña González Botana (en rebeldía procesual)
Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2016
Decido estimar parcialmente a demanda interposta por Comunidad de Propietarios Edificio Mahía 9 fase II, praza do Concello de Bertamiráns (Ames), representada polo Sr. Rieiro Noya, contra Begoña González Botana, en rebeldía procesual, e condeno a demandada a aboar á demandante 818,64 euros, máis os xuros legais desde o 4 de xaneiro de 2016.
Iso sen imposición de custas a unha ou outra parte.
Notifíquese en legal forma.
Esta sentenza é firme, contra ela non cabe recurso.
Lévese o orixinal ao libro de sentenzas».
Por esta a miña sentenza, da que se expedirá testemuño para incorporalo ás actuacións, pronúncioo, mándoo e asínoo, Jorge Martínez Vázquez, maxistrado xuíz deste xulgado.
Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2017
O letrado da Administración de xustiza