Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 7 de abril de 2017 Páx. 16806

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (2/2017).

ENX. Execución de títulos non xudiciais 2/2017

Procedemento de orixe: sobre ordinario

Demandantes: Juan Antonio Torres Baena, José Antonio Pazos Sobral

Avogado: Julián Ramos Zapata

Demandados: Fogasa, Calvi Proyectos, S.L.

Avogado: Fogasa

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos non xudiciais 2/2017 e procedemento de execución de títulos non xudiciais 10/2017 (acumulado ao primeiro) deste xulgado do social, seguidos por instancia de Juan Antonio Torres Baena e José Antonio Pazos Sobral contra a empresa Calvi Proyectos, S.L., se ditaron as seguintes resolucións cuxas partes dispositivas se xuntan:

«Auto do 23 de xaneiro de 2017 ditado no procedemento ENX 2/2017.

Parte dispositiva

Dispoño despachar orde xeral de execución a favor da parte executante, Juan Antonio Torres Baena, contra Calvi Proyectos, S.L., parte executada, por importe de 4.572,02 euros en concepto de principal máis outros 457,20 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto poderase interpor recurso de reposición, ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, no cal, ademais de alegar as posibles infraccións en que podería incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, se poderá deducir a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que acaecesen con posterioridade á súa constitución do título; a compensación de débedas non será admisible como causa de oposición á execución.

Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste xulgado.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

O/a maxistrado/a xuíz/a

A letrada da Administración de xustiza

Auto do 23 de xaneiro de 2017 ditado no procedemento ENX 10/2017.

Parte dispositiva

Dispoño despachar orde xeral de execución a favor da parte executante, José Antonio Pazos Sobral, fronte a Calvi Proyectos, S.L., parte executada, por importe de 1.521,23 euros en concepto de principal máis outros 152,12 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto poderase interpor recurso de reposición, ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, no cal, ademais de alegar as posibles infraccións en que podería incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, se poderá deducir a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que acaecesen con posterioridade á súa constitución do título; a compensación de débedas non será admisible como causa de oposición á execución.

Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste xulgado.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

O/a maxistrado/a xuíz/a

A letrada da Administración de xustiza

Decreto de acumulación do 23 de xaneiro de 2017 ditado no procedemento ENX 10/2017.

Parte dispositiva

Acordo acumular a presente execución á execución seguida neste órgano xudicial co número 2/2017.

Notifíqueselles ás partes e lévese testemuño deste á execución da súa razón e o orixinal ao libro correspondente de decretos.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición que se interporá ante quen dita esta resolución, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción contida nela ao xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Para que sirva de notificación en legal forma a Calvi Proyectos, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste órgano xudicial.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza

Decreto do 16 de febreiro de 2017 ditado no procedemento ENX 2/2017.

Parte dispositiva

Acordo, en cumprimento do requisito que se contén no artigo 276.3 e previamente á estimación nesta executoria da pervivencia da declaración de insolvencia da parte executada, Calvi Proyectos, S.L., dar audiencia previa á parte demandante, Juan Antonio Torres Baena, José Antonio Pazos Sobral e o Fondo de Garantía Salarial, polo prazo de quince días para que poidan sinalar a existencia de novos bens, e do seu resultado acordarase o procedente.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS), no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos; será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpor ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida nela ao xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS). O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para interpor recurso de 25 euros, na conta nº 0049 3569 9200 0500 1274 no Banco Santander e indicar, no campo “Concepto”, 5076 0000 64 0002 17. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, e indicar no campo “Observacións” a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles».

A letrada da Administración de xustiza