Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 7 de abril de 2017 Páx. 16810

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (361/2015).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimentos/cesamentos en xeral 361/2015 deste xulgado do social, seguido a instancia de Arturo Rodríguez González contra Celuisma, S.A., Celuisma, S.A. (Hotel Los Tilos), Fogasa Fondo de Garantía Salarial, Corporation Rioseco Business, Hoteles de Castilla y León, Despacho Abaco Hoteles de Castilla y León, César Manuel Fernández Hoyos, Hoteles Faranda Internacional, Norte Hotel Florida, Sociedad Unipersonal Cityhouse Los Tilos sobre ordinario, acordouse citar a Corporation Rioseco Bussiness, Grupo Hotelero Mar y Flor, Hotel Florida Narte y Faranda International Hotels co fin de que compareza na sala de vistas deste Xulgado do Social número 3, situado en rúa Berlín, s/n, polígono das Fontiñas, CP 15707, o día 24.4.2017, ás 12.25 e 12.30 horas, para a celebración dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo, podendo comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e que deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Fáiselle saber que ten á súa disposición na oficina xudicial a cédula de citación, copia da demanda e decreto de admisión desta e demais resolucións e documentos obrantes no procedemento.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

No caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, poñerá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida estar este representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a Corporation Rioseco Business, Grupo Hotelero Mar y Sol, Hotel Florida Narte y Faranda International Hotels expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza