Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 7 de abril de 2017 Páx. 16883

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de soporte, desenvolvemento e despregamento de diferentes portais web, contornos de colaboración e solucións de mobilidade, así como a xestión da presenza na internet (expediente AB-SER1-16-014).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: AB-SER1-16-014.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de soporte, desenvolvemento e despregamento de diferentes portais web, contornos de colaboración e solucións de mobilidade, así como a xestión da presenza na internet. Cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, Feder Galicia 2014-2020, obxectivo temático 02, prioridade de investimento 2.3, obxectivo específico 2.3.1 e actuación 1.

c) Lote (de ser o caso): non.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 72200000-7.

e) Acordo marco (se procede): non.

f) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, BOE e DOUE.

g) Data de publicación do anuncio de licitación:

Diario Oficial de Galicia núm. 17, do 27 de xaneiro de 2016.

Boletín Oficial del Estado núm. 27, do 1 de febreiro de 2016.

Diario Oficial de la Unión Europea núm. 2016/S 013-018868, do 20 de xaneiro de 2016.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 1.904.000 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 952.000 euros. Importe total: 1.151.920 euros.

6. Formalización dos contratos:

a) Data de adxudicación: 3.5.2016.

b) Data de formalización: 25.5.2016.

c) Contratista: Balidea Consulting And Programming, S.L.

d) Importe ou canon de adxudicación:

Importe neto: 761.600 euros. Importe total: 921.536 euros.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2017

Mª Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos