Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 7 de abril de 2017 Páx. 16879

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a licitación da subministración sucesiva do material necesario para a realización de test de análise de sangue oculto en feces TSOF (expediente MS-CON1-17-005).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Consellería de Sanidade.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2ª planta.

3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

4º. Teléfono: 881 54 27 87.

5º. Telefax: 881 54 27 62.

6º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

7º. Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do décimo día natural anterior a data límite de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: MS-CON1-17-005.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: adquisición de material necesario para a realización de test de análise de sangue oculto en feces TSOF (programa galego de detección precoz do cancro colorectal).

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Prazo de execución/entrega: 36 meses desde a súa formalización.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 33696000-5.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, se é o caso:

Criterios non valorables de forma automática (sobre B): 0-40 puntos

Concepto

Puntuación

Evidencia científica da validez do test como proba de cribaxe

0-25

Características do colector de recollida da mostra e da bolsa

0-5

Degradación da hemoglobina da mostra

0-4

Melloras na oferta

0-4

Participación en programas de control de calidade externa

0-2

Criterios valorables de forma automática (sobre C): 0-60 puntos

Concepto

Puntuación

Oferta económica (prezo)

0-40

Número de erros técnicos no laboratorio

0-6

Caducidade máxima dos tubos

0-5

Capacidade de carga continua

0-3

Velocidade de procesamento das mostras

0-3

Controis e calibradores líquidos

0-3

4. Valor estimado do contrato: 1.632.262,50 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 784.245,00 euros. Importe total: 948.936,45 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non. Definitiva: 5 (%) do orzamento de licitación excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver números 16 e 17 da folla de especificacións (carátula).

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14 horas do día 24.4.2017.

Sé o último día de presentación de solicitudes coincidir en sábado ou día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 2 meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: apertura do sobre B, terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, as 9.00 horas a.m. do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización de presentación das ofertas. No caso de que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

Apertura do sobre C, publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: si, por conta de/dos adxudicatarios.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 14.3.2017.

12. Outras informacións: ver número 28 da folla de especificacións (carátula).

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2017

María Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos