Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 7 de abril de 2017 Páx. 16885

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Parlamento de Galicia

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2017 pola que se anuncia a licitación da contratación administrativa para a subministración dun automóbil en réxime de arrendamento sen opción de compra (renting).

En cumprimento do disposto no artigo 142 do texto refundido da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, publícase o anuncio de licitación desta contratación administrativa.

1. Entidade adxudicadora.

a) Parlamento de Galicia

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Persoal e Réxime Interior.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Parlamento de Galicia (dispoñible no BOPG núm. 85, do 17 de marzo de 2017, e na páxina www.parlamentodegalicia.gal).

2º. Enderezo: r/ Hórreo, 63.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15701.

4º. Teléfono: 981 55 13 00.

5º. Fax: 981 55 14 00.

6º. Correo electrónico: contratacion@parlamentodegalicia.gal

7º. Enderezo da internet do perfil de contratante: www.parlamentodegalicia.gal

8º. Data límite de obtención de documentación e información: 15 días naturais a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

d) Número de expediente: SRI-PA-1/2017.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración dun automóbil en réxime de arrendamento sen opción de compra (renting).

c) División por lotes e número de lotes: non.

d) Lugar de execución:

1º. Enderezo: r/ Hórreo, 63.

2º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15701.

e) Prazo de execución: 4 anos.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 34112000-5 automóbiles de turismo.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: criterios avaliables de forma automática por aplicación de fórmulas (75 puntos): prezo (50 puntos); prezo por quilómetro adicional (5 puntos), prezo por quilómetro non realizado (5 puntos), emisión de CO2 (5 puntos), prazo de entrega do automóbil (5 puntos), libre elección de pneumáticos (5 puntos).

Criterios cuxa cuantificación depende de xuízo de valor (25 puntos). Sistemas de seguridade activa e pasiva (10 puntos), sistemas de confort na condución e uso do automóbil: (10 puntos), calidade de tapizados e acabamentos interiores e exteriores, do equipamento de audio e do sistema de climatización, tipo de iluminación interior, enchufe 12V en asentos traseiros e resto de equipamento relacionado co confort dos ocupantes (5 puntos).

4. Valor estimado do contrato: 43.200,00 € (sen IVE).

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 10.800,00 €; importe total: 13.068,00 €.

6. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do prezo de adxudicación.

c) Complementaria: no caso de que o licitador que presentase a oferta economicamente máis vantaxosa conforme os criterios de valoración, estando en baixa anormal ou desproporcionada, xustifique debidamente o importe ofertado, terá que constituír unha garantía por importe do 5 % do prezo de adxudicación, IVE excluído.

7. Requisitos específicos do contratista.

Os dispostos nas cláusulas quinta e sexta do prego de cláusulas administrativas e nas correspondentes do prego de prescricións técnicas.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 15 días naturais a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG. Se o último día da presentación fose inhábil, ampliarase o prazo ata o día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1º. Rexistro do Parlamento de Galicia.

2º. Enderezo: r/ Hórreo, 63.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15701.

4º. Enderezo electrónico: contratacion@parlamentodegalicia.gal

c) Admisión de variantes: non se admiten.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses desde a terminación do prazo de presentación de ofertas.

9. Apertura das ofertas.

a) Descrición: sesión pública para a apertura dos sobres B e C.

b) Dirección: r/ Hórreo, 63.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15701.

d) Data e hora: no día e na hora que oportunamente se comunicará aos licitadores e se publicará na páxina web do Parlamento de Galicia.

10. Gastos de publicidade: inserción do anuncio no DOG por conta do adxudicatario.

11. Outras informacións: nos pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas (publicados no BOPG núm. 85, do 17 de marzo de 2017, e na páxina www.parlamentodegalicia.gal).

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2017

Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente do Parlamento de Galicia