Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 6 de abril de 2017 Páx. 16466

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (482/2014).

PO. Procedemento ordinario 482/2014

Demandante: Philipp Lukas Frommenwiler

Demandados: Activ Solar Energietecnik GMBH, Fogasa

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 482/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Philipp Lukas Frommenwiler contra Activ Solar Energietecnik GMBH e o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Acordo:

– Admitir a demanda presentada.

– Citar as partes para que comparezan o día 10 de maio de 2017, ás 10.45 horas, na Secretaría deste xulgado no primeiro andar, edificio na rúa Berlín, ao acto de conciliación ante o/a letrado/a da Administración de xustiza e, no caso de non avinza, ás 10.50 do mesmo día, na planta baixa, sala 1, no edificio na rúa Berlín, ao acto de xuízo.

– Advírtaselles ás partes que, no caso de non compareceren nin alegaren xusta causa que motive a suspensión dos actos de conciliación ou xuízo, o demandante que non compareceu se considerará desistido da súa demanda, e que a incomparecencia do demandado non impedirá a celebración dos actos de conciliación e xuízo, e o procedemento continuará sen necesidade de declarar a súa rebeldía.

– Respecto aos outrosís solicitados para os efectos previstos no artigo 81.4 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS), deuse conta ao xuíz con carácter previo e acordouse, mediante resolución desta data, mandar que se practiquen as seguintes dilixencias:

Tense por presentada a documentación que se xunta á demanda. Únase aos autos da súa razón, sen prexuízo de que a parte deba propoñela no acto de xuízo como medio de proba de que intentará valerse.

Tense por anunciado o propósito de comparecer asistido/a representado/a de avogado/a ou graduado social para os efectos do artigo 21.2 da LXS e por designado un domicilio para os efectos de comunicacións (artigo 53 da LXS).

En canto á documental solicitada, dou conta á SSª para os efectos oportunos.

– Antes da notificación desta resolución ás partes, dou conta á SSª do sinalamento efectuado.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS), no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición que se deberá interpor, ante quen dita a resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción contida nela ao xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza».

Para que sirva de notificación en legal forma a Activ Solar Energietecnik GMBH, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza