Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 6 de abril de 2017 Páx. 16454

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1077/2016).

María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 1077/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Noemia Otero Noya contra a empresa Senla Punto, S.L., Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, se ditou sentenza, cuxo encabezamento e decisión din:

Sentenza:

Na Coruña o 13 de marzo de 2017.

Vistos por min, Mª Marta Guillemet García, xuíza por substitución do Xulgado do Social número 2 da Coruña, os presentes autos de procedemento de despedimento número 1077/2016 seguidos ante este xulgado por instancia de Noemia Otero Noya, asistida polo letrado Sr. Campos Nieto, contra Senla Punto, S.L. (non comparecida) e contra o Fondo de Garantía Salarial (non comparecido), procedo a ditar sentenza de conformidade cos seguintes,

Decido:

Que debo estimar e estimo a demanda presentada por Noemia Otero Noya contra Senla Punto, S.L., e, en consecuencia:

– Declaro improcedente o despedimento efectuado pola empresa Senla Punto, S.L., á demandante Noemia Otero Noya.

– Condeno a empresa Senla Punto, S.L., a que, no prazo de cinco días desde a data da notificación da sentenza, opte entre a readmisión inmediata da demandante, nas mesmas condicións que rexían con anterioridade, con aboamento dos salarios de tramitación desde a data do despedimento, ata a notificación desta resolución a razón de 23,14 euros diarios ou ao aboamento dunha indemnización por despedimento en contía de 10.962,58 euros, determinando o aboamento da dita indemnización a extinción do contrato de traballo

Con intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito perante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza, Mª Marta Guillemet García, xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña.

Para que sirva de notificación en legal forma a Senla Punto, S.L., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 17 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza