Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 6 de abril de 2017 Páx. 16456

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO de notificación de resolución (131/2015).

Eu, Juan Rey Pita, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 131/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Carmen Lage Ferreiro contra o Fondo de Garantía Salarial, Jaime da Silva Pereira, sobre ordinario, foi ditada resolución do 15.3.2017 contra a cal se pode interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días e fáiselles saber que no dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

E para que sirva de notificación en legal forma a Jaime da Silva Pereira, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 17 de marzo de 2017

O letrado da Administración de xustiza