Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 5 de abril de 2017 Páx. 16233

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3765/2016).

Tipo e número de recurso: RSU. Recurso de suplicación 3765/2016-M

Xulgado de orixe/autos: Seguridade Social 229/2015. Xulgado do Social número 2 de Ferrol

Recorrente: Juan Jesús García Bastida

Avogado: Manuel Casal Fraga

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Fogasa, Mantenimientos Ayuda a la Explotación y Servicios, S.A. (Maessa), Montajes Tubacer, S.L., Asepeyo, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales de la Seguridad Social número 151, Mutua MC Mutual, Ibermutuamur Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales de la Seguridad Social número 274, Fremap, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales número 61, Iris Sociedad Cooperativa, Astafersa, Empresa Avilesina de Montajes Navales, S.L. , Montajes Indunor, S.A.

Avogados: Servizo Xurídico da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Fogasa, Laura Otero Rodríguez, Javier Balo Couto, Luis Manuel Rodero Díaz, María del Carmen Orjales Mariño

Procuradora: Mónica Insua Beade

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3765/2016 desta sección, seguido por instancia de Juan Jesús García Bastida contra Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Fogasa, Mantenimientos Ayuda a la Explotación y Servicios, S.A. (Maessa), Montajes Tubacer, S.L., Asepeyo, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales de la Seguridad Social número 151, Mutua MC Mutual, Ibermutuamur Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales de la Seguridad Social número 274, Fremap, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales número 61, Iris Sociedad Cooperativa, Astafersa, Empresa Avilesina de Montajes Navales, S.L., Montajes Indunor, S.A., sobre accidente de grao, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvemos:

Desestimando o recurso articulado por Juan Jesús García Bastida contra a Sentenza do Xulgado do Social número 2 de Ferrol, do 4 de maio de 2016, en Autos 229/2015, sobre incapacidade permanente derivada de accidente de traballo, instados por aquel contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, as mutuas Asepeyo, Ibermutuamur, Midat Cyclops e Fremap, e as empresas Mantenimientos Ayuda a la Explotación y Servicios, S.A. (Maessa), Iris Sociedad Cooperativa, Montajes Indunor, S.A., Astilleros y Talleres Ferrolanos, S.A. (Astafersa), Montajes Tubacer, S.L. e Empresa Avilesina de Montajes Navales, S.L., confirmamos a dita resolución de instancia.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez (10) días hábiles inmediatos seguintes ao da data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez que sexa firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Para que sirva de notificación en legal forma a Astafersa, Montajes Indunor, S.A. e Empresa Avilesina de Montajes Navales, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselles ás destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 10 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza