Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 5 de abril de 2017 Páx. 16280

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ORDE do 23 de febreiro de 2017 pola que se autoriza a transmisión inter vivos das concesións administrativas e das bateas Lérez II e Paco III.

Vistos os expedientes instruídos para os efectos de transmisión das bateas Lérez II e Paco III, e das concesións administrativas que as amparan, resulta:

a) Antecedentes.

Primeiro. Mediante escritos do 20 de febreiro de 2017, Yolanda Landín Lamas (44083160-A) solicitou autorización para a transmisión inter vivos das concesións administrativas e das bateas Lérez II e Paco III.

Segundo. A interesada achegou a documentación requirida para a tramitación.

Terceiro. Os informes do Servizo de Protección dos Recursos sobre as características das bateas e da Subdirección Xeral de Acuicultura sobre a tramitación dos expedientes, son favorables.

b) Consideracións legais e técnicas.

Primeira. Este órgano é competente para resolver os expedientes, de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG número 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG número 243, do 15 de decembro), coa Resolución do 12 de abril de 2012, de delegación de sinatura en materia de acuicultura nos titulares das xefaturas de coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar e coa disposición adicional novena do Decreto 177/2016, do 15 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia (DOG número 239, do 16 de decembro), que dispón que as delegacións de competencias outorgadas polos distintos órganos superiores e de dirección afectados por este decreto continuarán vixentes ata que sexan expresamente revogadas ou novamente outorgadas. Así mesmo, o Decreto 168/2015, do 13 de novembro, polo que se aproba a estrutura orgánica da Consellería do Mar (DOG número 221, do 19 de novembro), dispón a creación das xefaturas territoriais.

Segunda. Os expedientes seguiron todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 126, do 2 de xullo).

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servizo de Recursos Mariños, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión inter vivos, a favor de Rodríguez Landín, S.L. (B94143237), das concesións administrativas e das bateas que se indican a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Lérez II.

Situación:

Cuadrícula número: 38.

Polígono: B.

Distrito: Portonovo (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título administrativo habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 8.8.1962.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actuais titulares: Javier Rodríguez Muñiz (35308358-T) e Yolanda Landín Lamas (44083160-A).

Novos titulares: Javier Rodríguez Muñiz (35308358-T) e Rodríguez Landín, S.L. (B94143237).

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Paco III.

Situación:

Cuadrícula número: 27.

Polígono: B.

Distrito: Portonovo (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título administrativo habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 3.2.1955.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actuais titulares: Javier Rodríguez Muñiz (35308358-T) e Yolanda Landín Lamas (44083160-A).

Novos titulares: Javier Rodríguez Muñiz (35308358-T) e Rodríguez Landín, S.L. (B94143237).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. Os actuais titulares deberán presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia compulsada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter achegada a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira. Os novos titulares das concesións quedan subrogados nos dereitos e obrigas dos anteriores, desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 23 de febreiro de 2017

A conselleira do Mar
P.D. (Resolución do 12.4.2012)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo