Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 5 de abril de 2017 Páx. 16277

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 2017 pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto, tramitación ordinaria, non suxeito a regulación harmonizada, da subministración mediante a modalidade de arrendamento (renting) de 57 vehículos para o persoal fixo descontinuo das brigadas dos distritos con labores de prevención e defensa contra incendios forestais (expediente 18/2017).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería do Medio Rural.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración de vehículos en réxime de alugamento pola Consellería do Medio Rural con destino á Subdirección Xeral de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais para o persoal fixo descontinuo das brigadas dos distritos con labores de prevención e defensa contra incendios forestais.

c) División por lotes e número: non.

d) Prazo de execución: o prazo comeza a contar a partir da sinatura da acta de entrega dos vehículos, e será de 120 días ou, de ser o caso, o prazo maior ofertado polo adxudicatario.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV: 34113200-4.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto, non suxeito a regulación harmonizada.

Criterios de adxudicación: recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares (automáticos).

4. Orzamento de licitación:

Importe neto: 203.695,20 €. IVE (21 %): 42.775,99 €. Importe total: 246.471,19 €.

Valor estimado: 203.695,20 €.

5. Financiamento: fondos propios da Consellería do Medio Rural.

6. Requisitos específicos do contratista:

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, de ser o caso: segundo o disposto nas alíneas I e J do cadro de características do PCAP.

7. Garantías exixidas: Definitiva: 5 % do orzamento de licitación, excluído o IVE (10.184,76 €).

8. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural. Servizo de Contratación.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, 4, 15781 Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 57 37 e 981 54 57 48 (consultas administrativas); 981 54 61 30 e 981 54 60 64 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 40 47.

e) Correo electrónico: licitacion.mediorural@xunta.gal

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=140055

9. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince (15) días naturais, a non ser que o último día sexa inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, 15781); poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47), ou ben ao enderezo de correo electrónico licitacion.mediorural@xunta.gal.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, as 12.00 horas do oitavo día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación das ofertas, a non ser que fose sábado, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

11. Gastos de publicidade: o custo dos anuncios no DOG será por conta dos licitadores que presenten a oferta máis vantaxosa.

12. Outras informacións: condicións especiais de execución segundo o disposto na letra U do cadro de características do PCAP.

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2017

A conselleira do Medio Rural
P.D. (Orde do 17.11.2015; DOG nº 223, do 23 de novembro)
Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural