Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 5 de abril de 2017 Páx. 16257

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 140/2015).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 140/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Adriana Pérez Alborés contra AJP Guy y Otra, S.C., Antonie Jean Paul Guy Jaud e Katia Jocelyne Audouy, se ditou a seguinte resolución:

«Parte dispositiva.

Acordo:

a) Declarar os executados AJP Guy y Otra, S.C., Antonie Jean Paul Guy Jaud e Katia Jocelyne Audouy en situación de insolvencia total por importe de 12.883,12 euros (10.602,79 euros de principal + 2.280,33 euros de xuros do artigo 29.3 do ET), máis outros 1.288,31 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan percibir durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución, se a partir deste momento se coñecen novos bens dos executados.

c) Procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e os datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos; será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

A letrada da Administración de xustiza».

Advírtense os destinatarios de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou de sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a AJP Guy y Otra, S.C., Antonie Jean Paul Guy Jaud e Katia Jocelyne Audouy, en paradoiro ignorado, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste órgano xudicial.

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza