Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 5 de abril de 2017 Páx. 16259

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda, pola que se acorda a incoación do procedemento para a declaración da Comunidade Autónoma de Galicia como herdeira ab intestato de Agripina Fornos Lugo.

Agripina Fornos Lugo, con DNI 34498425N, nada en Beariz (Ourense) o 13 de novembro de 1926, faleceu o 2 de maio de 2011 no centro Casa de Maiores de Dacón, en Maside (Ourense), tendo a finada derradeiro domicilio, segundo o padrón municipal de habitantes, na rúa Evaristo Vaamonde, nº 30, do Carballiño (Ourense), datos que constan comprobados, xunto co da súa veciñanza civil galega, no informe preliminar do 6 de marzo de 2017, do Servizo de Protección e Defensa Patrimonial da Subdirección Xeral do Patrimonio, emitido logo da realización das actuacións previas precisas que levan a considerar procedente a apertura de procedemento administrativo para a declaración da Comunidade Autónoma de Galicia como herdeira ab intestato da causante, pola presunta ausencia doutros herdeiros con dereito a suceder preferente ao da Administración autonómica, de conformidade co disposto na Lei 2/2006, de dereito civil de Galicia.

Segundo o anterior, en exercicio das competencias atribuídas á Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio nos artigos 4 da Lei 5/2011, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e 4 e 7 do Decreto 101/2014, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda, de acordo co artigo 20 bis da Lei 33/2003, do patrimonio das administracións públicas,

ACORDO:

Primeiro. Incoar procedemento para a declaración da Comunidade Autónoma de Galicia como herdeira ab intestato de Agripina Fornos Lugo.

Segundo. Publicar a presente resolución no Boletín Oficial del Estado, no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Consellería de Facenda, área temática de patrimonio, en anuncios, que se pode consultar no seguinte enlace:

http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/patrimonio/anuncios

Unha copia desta resolución será remitida para a súa exposición pública, por prazo non inferior a un mes, no taboleiro de anuncios dos concellos de Maside, O Carballiño, Beariz e Avión.

O prazo máximo ordinario para a resolución deste procedemento é dun ano contado desde a data de adopción deste acordo.

Con anterioridade á resolución do procedemento, calquera interesado poderá presentar alegacións ou achegar documentos ou outros elementos de xuízo que considere oportunos, que se dirixirán á Consellería de Facenda, Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, Subdirección Xeral do Patrimonio, código de expediente ABI/2016/0001, Edificio Administrativo San Caetano, bloque nº 3, CP 15781 Santiago de Compostela.

Contra esta resolución non se poderá interpoñer recurso, conforme o establecido no artigo 112 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que as alegacións de oposición a este acto de trámite sexan consideradas na resolución que poña fin a este procedemento, contra a cal se poderá presentar no tempo e na forma o correspondente recurso.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2017

Mª Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda