Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 5 de abril de 2017 Páx. 16261

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 23 de marzo de 2017, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se notifica o arquivamento dun expediente derivado de solicitude de recoñecemento de compatibilidade.

Con data do 16.2.2017, o director xeral da Función Pública procedeu ao arquivamento do expediente derivado da solicitude de recoñecemento de compatibilidade presentada por Inés Dopazo Allariz.

Logo de tentar dúas veces a notificación do citado arquivamento a través do servizo de Correos no domicilio indicado pola interesada para os efectos de notificación, esta non se puido practicar, e foron devoltas polo dito servizo por «ausente repartición» e «non retirado», no primeiro intento e por «descoñecido/a» no segundo.

Polo exposto, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e en virtude deste anuncio, notifícalle a Inés Dopazo Allariz o arquivamento do expediente derivado da solicitude de recoñecemento de compatibilidade antes referida.

A interesada pode recoller a respectiva comunicación mediante comparecencia nas dependencias da Oficina de Incompatibilidades e Boas Prácticas da Dirección Xeral da Función Pública (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 1, 3º, Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o referido prazo, terase por efectuada a notificación.

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2017

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública