Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 4 de abril de 2017 Páx. 16009

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 29 de marzo de 2017 pola que se nomean persoal funcionario en prácticas do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, as persoas aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo convocado mediante a Orde do 18 de maio de 2015.

Unha vez rematada a fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado mediante a Orde do 18 de maio de 2015 (DOG núm. 95, do 22 de maio), e verificada a concorrencia dos requisitos exixidos nas bases da convocatoria, esta consellería, de acordo co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia; no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección de persoal da Administración da Xunta de Galicia, e nas bases da convocatoria do proceso selectivo,

DISPÓN:

Primeiro. Nomear persoal funcionario en prácticas do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, as persoas aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo convocado mediante a Orde do 18 de maio de 2015 e que figuran no anexo ordenadas de acordo coa puntuación final obtida.

O nomeamento terá efectos, segundo establece a base V.4 da convocatoria, desde a data de inicio do período de prácticas regulado na Resolución da Consellería de Facenda do 29 de marzo de 2017.

A situación xurídica das persoas aspirantes nomeadas persoal funcionario en prácticas será a prevista na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia; no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, e demais disposicións concordantes.

Segundo. Convocar as persoas nomeadas ao acto de adxudicación de destinos en prácticas que terá lugar na sala de xuntas da Consellería de Facenda (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia; San Caetano, s/n, Santiago de Compostela), ás 10.00 horas do día 7 de abril de 2017.

Terceiro. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición, ante o conselleiro de Facenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2017

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO

Nº orde

DNI

Apelidos e nome

1

46901012X

Carro Espada, Raquel

2

44089568V

Coego Montoto, Paula