Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 4 de abril de 2017 Páx. 16065

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 6 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2017010AL-PO, por infracción en materia sanitaria.

Con data do 21 de febreiro de 2017, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra ditou resolución do expediente sancionador 2017010AL-PO incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra contra José Manuel Comesaña Meira, con DNI 36057165L.

Tras intentar a notificación desta resolución consonte o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non puido practicarse, polo que mediante esta cédula se notifica a José Manuel Comesaña Meira o contido do dito acordo, que figura no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para que teña coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no artigo 76 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, rúa Fernández Ladreda, nº 43, 1º andar, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto no artigo 53.1.a) da Lei 39/2015.

De acordo co establecido no artigo 62.2 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, o prazo de ingreso en período voluntario realizarase: 1) se a notificación se realiza entre os días 1 e 15 do mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non é hábil, ata o inmediato hábil seguinte e, 2) se a notificación se realiza entre os días 16 e último do mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou o inmediato hábil seguinte; todo iso mediante ingreso que deberá efectuar en calquera oficina de Abanca, do BBVA, transacción 1316 NIF S1511001H, Santander ou http://www.cixtec.es/conselleria, empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta xefatura territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Pontevedra, 6 de marzo de 2017

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número do expediente: 2017010AL-PO.

Denunciado: José Manuel Comesaña Meira, con DNI 36057165L.

Último enderezo coñecido: Pazo 44, Matamá, 36213 Vigo.

Feito imputado: infracción do previsto na Lei 28/2005, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro.

Preceptos infrinxidos:

Capítulo XII do anexo II do Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, relativo á hixiene dos produtos alimenticios, que establece:

«Formación. Os operadores de empresa alimentaria deberán garantir:

1) A supervisión e a instrución ou formación dos manipuladores de produtos alimenticios en cuestións de hixiene alimentaria, de acordo coa súa actividade laboral...».

Tipificación: unha infracción administrativa tipificada como leve no artigo 51 punto 1 da Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición.

Sanción imposta: sobresemento do expediente.