Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 4 de abril de 2017 Páx. 16064

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2017/131-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Casa Botas Vda. de J. Martínez Blasco, S.L.

Domicilio social: dársena 4 do porto pesqueiro do Berbés, 36202 Vigo.

Denominación: LMTS, CS dársena 4, porto pesqueiro do Berbés.

Situación: Vigo.

Características técnicas: LMT subterránea a 15 kV con conductor RHZ1, de 120 metros de lonxitude, con orixe e final na LMTS BALL710, entre os CCTT 36CFK0 e 36CMJ0, unha vez que entre e saia do centro de seccionamento proxectado. Centro de seccionamento, con celas prefabricadas modulares baixo envolvente metálica con illamento e corte en SF6, situado na dársena 4 do porto pesqueiro do Berbés, Vigo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo avenida Fernández Ladreda 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 13 de marzo de 2017

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra